Guia docente 2026_27
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Deseño de Porfolio
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos Análise de casos reais ou referentes profesionais vinculados ao deseño dixital, á comunicación visual e á moda. O estudo de casos permite observar a aplicación dos conceptos teóricos e técnicos en contextos concretos, interpretar solucións gráficas, identificar estratexias de presentación e valorar alternativas de desenvolvemento. Esta metodoloxía complementa as sesións expositivas e favorece a conexión entre aprendizaxe e a práctica profesional a través da aplicación dos conceptos teóricos na realidade.
Presentación Presentación e defensa argumentada e crítica de traballos presentados dentro do desenvolvemento da materia.
Resolución de problemas de forma autónoma Realización autónoma de exercicios, prácticas e tarefas obrigatorias orientadas á consolidación dos coñecementos abordados na materia. O alumnado deberá analizar cada proposta, seleccionar os procedementos máis axeitados, desenvolver solucións propias e revisar os resultados atendendo a criterios técnicos, visuais e comunicativos.
Lección maxistral Presentación e contextualización dos principais contidos teóricos, técnicos e metodolóxicos da materia, co apoio de recursos audiovisuais, referencias visuais, exemplos profesionais e software específico. As sesións introducen os conceptos necesarios para comprender os procesos de creación, edición, produción e comunicación dixital de portfolio aplicados ao deseño e á moda.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000