Educational guide 2026_27
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Deseño Gráfico para Moda
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas Realizarase un seguimento do traballo durante as sesións previstas, orientando o alumnado no desenvolvemento dos exercicios, atendendo ás súas necesidades específicas e achegando indicacións a partir dunha valoración crítica do proceso e dos resultados parciais.
Resolución de problemas de forma autónoma Observarase a evolución do traballo nas distintas fases do proceso creativo e de execución, co fin de orientar o alumnado, resolver dúbidas e desbloquear posibles dificultades durante o desenvolvemento do proxecto. A atención personalizada permitirá mediar entre a ambición proxectual de cada proposta e as súas condicións reais de viabilidade técnica, formal e comunicativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000