Guia docente 2024_25
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Estética e Historia da Moda
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
20 C11
D1
D4
D5
D9
Estudo de casos Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 40 C11
D1
D4
D5
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PROCESO DE AVALIACIÓN



1. Exame de preguntas de desenvolvemento (40%). Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema que o alumnado deberá relacionar, organizar e presentar. O obxectivo da proba é constatar os coñecementos que o alumnado acadou sobre a materia así como a súa capacidade de argumentación. O exame terá lugar ao final do cuadrimestre:

A proba desenvolverase o MÉRCORES 29 de XANEIRO de 2025 entre as 16.00 e as 17.30 horas no ESPAZO da CLASE.

2. Estudo de casos (40%). Proba na que o alumnado deberá analizar grupalmente circunstancias relacionadas co contido da materia para interpretalas, xerar hipóteses, reflexionar ou completar coñecementos. 

3. Resolución de problemas e/ou exercicios (20%). Exercicio relacionado coa lectura e interpretación de imaxes que servirá de práctica da proba final. Pode realizarse grupal ou individualmente e concluir cunha exposición oral que permita valorar a capacidad de comunicación do alumnado. 

O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no prazo máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia. 

CONVOCATORIA DE XULLO: 

Martes 8 de xullo de 2025 entre as 10.30 e as 12.00 horas no ESPAZO DA CLASE. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000