O/a estudante terá dereito a optar pola avaliación global ou continua segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. ------------------------------------------------------------ Avaliación continua: No caso de optar por esta opción, o alumnado deberá entregar os ítems indicados, en tempo e forma, polo profesorado da materia para aprobala en primeira oportunidade, sendo a porcentaxe de cada entregable o indicado na tabla anterior. A nota media final debe ser superior ou igual a 5 para superar a materia. As prácticas de laboratorio entregaranse en forma de informe reducido a avaliar polo profesorado. Para a avaliación do traballo tutelado, entregarase un informe detallado por grupo de todo o proceso e os resultados obtidos polos/as estudantes e cada grupo realizará unha exposición oral do traballo realizado. Os exames parciais realizaranse presencialmente en horario lectivo en formato escrito, con preguntas de resposta curta e pequenos problemas relacionados cos conceptos da parte da materia avaliada. En cada un dos ítems presentados, precisarase dunha nota mínima de 4/10 para poder aprobar a materia por avaliación continua en primeira oportunidade. Alén diso, a nota media dos dous exames parciais debe ser dun 4,5/10 como mínimo. De non superar esta primeira oportunidade, as consecutivas (segunda oportunidade ou final de carreira) consistirán nun exame global das dúas partes da materia que corresponderá ao 100% da materia e faranse nas datas oficiais de exame da Escola. Será preciso acadar unha nota mínima de 5 en todas as partes do exame para aprobar a materia. Non se gardarán notas de cada unha das partes entre distintas convocatorias. ------------------------------------------------------------ Avaliación global: De non optar pola avaliación continua, as datas oficiais de exame en todas as convocatorias (primeira oportunidade, segunda oportunidade ou final de carreira) utilizaranse para que o/a estudante realice un exame global da materia, dividida en dúas partes como as indicadas na avaliación continua. A cualificación de devandito exame corresponderá ao 100% da materia e terá unha duración de 4 horas (2 horas por parte). Será preciso acadar unha nota mínima de 5 en todas as partes do exame para aprobar a materia. Non se gardarán notas de cada unha das partes entre distintas convocatorias. ------------------------------------------------------------ O calendario das probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE está publicado na páxina web: http://aero.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |