Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Da Inxustiza da Desigualdade á Riqueza da Diferenza
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia From Injustice of Inequality to Richness of Diversity Código O05M138V01108
Titulación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar en la Diversidad en Contextos Educativos
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
4.5 OP 1st 1st
Lingua de impartición
Spanish
Galician
Prerrequisitos
Coordinador/a
Lameiras Fernández, María
Correo-e lameiras@uvigo.es
Profesorado
Carrera Fernández, María Victoria
Gómez Suárez, Águeda
Lameiras Fernández, María
Web http://http://www.masterdiversidade.com/index.php
Descrición xeral (*)Esta materia trata de presentar as definicións e redefinicións da categoría de xénero e a súa intersección coa etnia, a idade, a preferencia sexual, como coas culturas non hexemónicas, entre outras, co fin de dar a coñecer as complexas interseccións constitutivas das relacións e das identidades subalternas. Tamén preténdese analizar como se constrúe a diferencia e como o diferente tende a equipararse co particular, co deficiente, co periférico –fronte ao universal e central- orixinando relacións de poder asimétricas. En definitiva, poder recoñecer o “qué” é o xénero, o “por qué” do xénero e o “para qué” do xénero. Todas as culturas utilizan as diferencias biolóxicas (físicas) como base para faceren distincións sociais que supoñen a asignación de valores, cualidades e normas en función do sexo ao que pertenecemos. Este proceso, que comenza no nacemento e se estende ao longo de toda a vida das persoas, coñécese co nome de socialización sexo-xenérica, segundo a cal, sobre a base da existencia de dous sexos biolóxicos diferentes (sexo) constrúense as características, trazos e conductas socialmente aceptadas para cada un deles (estereotipos de xénero) sen dar cabida a individualidades que se constrúan e desenvolvan más aló desta dicotomía hexemónica.
Desta forma, nas sociedades patriarcales, o mundo configúrase en dúas esferas diferenciadas: a masculina e a feminina; en dous submundos non só diferentes, senón subordinados, ou o que é o mesmo, desiguais. A “esfera masculina”, xerárquicamente superior, que constitúe o referencial, a norma; e a “esfera feminina”, xerárquicamente subordinada, que constitúe “o desviado”, o outro. Esta realidade construída desigual e asimétrica foise maquillando nas últimas décadas, nas que se desdebuxan as súas formas máis discriminatorias e sexistas, que xa non son “politicamente correctas”, cara a formas máis sutís e encubertas coas que seguir mantendo a xerarquía entre os xéneros, o que non supuxo un verdadeiro cambio estructural.
Así, consideramos que o “xénero” e a “identidade sexual” son dous sistemas relacionais que se transforman, segundo as coordenadas socioeconómicas e culturais de cada época e espacio concreto. Todas as culturas institúen -co fin de modelar a organización social-, procesos políticos formais e informais que troquelan o alcance do permitido e, por ende, o ámbito do que non se acopla ao pautado: a diversidade. De aí que o pautado sexa o hexemónico. Os indicadores das restriccións sexuais son moi variables nos distintos momentos históricos e nas distintas culturas. Postulados tales como a universalidade da “dominación masculina” e da subordinación social da muller, ou da heteronormatividade sexual, como realidades transhistóricas e panculturais, van a ser debatidas e examinadas nesta materia proposta
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000