Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e cooperación ao desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exposición por parte da profesora na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. 0
Traballo tutelado Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...Asesoramento por parte da profesora na aula e en titorías grupais.
Traballo en grupo. Titorías grupais: supervisión de traballos.
30
Metodoloxías baseadas en investigación Traballo persoal dos e das estudantes. Exposición por parte do alumnado ante a docente e o grupo dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado.Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos. 30
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de carácter individual que avalía contidos de varias metodoloxías e encárgase dos elementos conceptuais da materia. As preguntas poderán ser tipo test con dúas alternativas de resposta ou pregunta corta. Dita proba cualificarase de igual xeito para asistenciais e non asistenciais. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

·      
A avaliación das/os estudantes
matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía
docente.

·      
A avaliación continua implica unha
asistencia mínima a un 80% das aulas

·      
A avaliación será preferentemente continua,
o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación
global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

Avaliación global:

·      
Proba, práctica, exercicio, presentación etc en formato de traballo tutelado.  (30%)

·      
Proba, práctica, resolución,  etc en formato de metodoloxías baseadas na investigación (30%)

·      
Proba, práctica, resolución, exame de
preguntas tipo test ou de pregunta curta de desenvolvemento (40%)

CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA (2ª oportunidade)

As probas (parte teórica o parte
práctica) superadas na 1ª oportunidade, no serán obxecto de avaliación na 2ª
oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico. Non se gardarán
notas dun curso a outro.

A 1ª oportunidade, no caso de
non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación
faise efectiva na convocatoria extraordinaria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000