Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Prácticas externas: Practicum Código O05G220V01701
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
30 OB 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Verde Diego, María del Carmen
Correo-e carmenverde@uvigo.es
Profesorado
Aguiar Fernández, Francisco Javier
González Rodríguez, Rubén
Perdiz Álvarez, María Celsa
Verde Diego, María del Carmen
Web http://http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/estudos/grupo/practicum
Descrición xeral O Prácticum insírese no módulo E do Plan de estudos: Prácticum e Traballo Fin de Carreira e, dentro deste, na materia que ten a mesma denominación.
O Prácticum son un conxunto de actividades orientadas a unha aprendizaxe baseada na acción e a experiencia, que posibilita a apropiación de destrezas, coñecementos e habilidades, que permiten ao estudantado, entre outras accións, descubrir, analizar e comprender o contexto e os procesos de intervención social na compaña dun/unha profesional de traballo social experimentado no seu propio contexto organizativo. O Prácticum desenvólvese en servizos e entidades desde os que se prestan servizos de traballo social e que son recoñecidos como centros colaboradores para a formación en prácticas polas universidades, mediante convenios. Inclúe a supervisión, realizada por titores/as académicos docentes da universidade, e a tutela profesional, realizada por traballadores/as sociais das institucións colaboradoras.
O Prácticum é unha materia de carácter obrigatorio, do primeiro cuadrimestre do cuarto curso da titulación. Consta de 30 créditos ECTS, equivalentes a 750 horas, das cales entre 450-525 horas asígnanse ás prácticas en institucións externas (en función dos horarios da institución externa). As restantes horas compútanse en: 1) Clases de introdución (Grupos B) previos ao inicio das practicas na institución/entidade/empresa externa; 2) Supervisións grupais (Seminarios C) de seguimento do estudantado na universidade mentres realiza as practicas externas, e formación específica; 3) Titorías individualizadas co titor/a académico asignado; e traballo autónomo do/da estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000