Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Habilidades sociais en educación social
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen
Os traballos prácticos e as exposicións da parte teórica

* Metodoloxías docentes que se modifican
O traballo grupal pode converterse en traballo individual.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención ao alumnado é a través do e-mail, a través do despacho virtual de Campus remoto Uvigo
Ademais, vanse activar os FOROS DE CONSULTA temáticos na materia de MOOVI.

* Modificacións (se proceden) dos contidos para impartir
Non procede
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non procede
* Outras modificacións
Non procede

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas que se modifican

PROBA ANTERIOR:

Avaliación da Parte teórica: AVALIACIÓN FINAL por medio de Exame presencial (Peso anterior 50%): 5 puntos

Avaliación da parte Práctica (Peso anterior: 50%): 5 puntos

- Traballo grupal (Programa de HHSS): 2 puntos. O alumnado non presencial debe presentar este traballo.
- State to Art ou estado da cuestión (individual): 2 puntos
- Traballos de aula: 1 punto.

PROBA NOVA:

Avaliación da Parte teórica: AVALIACIÓN FINAL por medio de Exame ONLINE (Peso Proposto: 40%): 4 puntos

Avaliación da parte Práctica (Peso Proposto: 60%): 6 puntos.
- Traballo individual (Programa de HHSS centrado nunha área): 2 puntos.
- State to Art ou estado da cuestión (individual): 2.5 puntos
- Traballos de aula: 1.5 punto.

* Novas probas
Non hai cambios

* Información adicional
Tanto a parte teórica como a parte práctica da materia teñen que estar aprobadas para superar a materia.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000