Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación (PT) Exposición por parte do alumnado, en pequenos grupos, dun traballo sobre un tema da materia concretado ao inicio coa profesora. O seu desenvolvemento estará dirixido, fundamentalmente, a ampliar os contidos de tipo teórico da materia enlazándoos oportunamente cos prácticos. Na sua realización e presentación participará o grupo de traballo e para a súa exposición apoiaranse en medios tecnolóxicos ou dixitais con estratexias de tipo activo.
Para a súa cualificación terase en conta a pertinencia da estrutura do traballo, calidade do contido exposto, así como o interés provocado no debate tanto por cada membro do grupo como no seu conxunto, e as posibles respostas as cuestions planteadas a raíz da exposición. Ata 1 puntos.
10 A2
A3
B4
C2
C19
D11
D16
D18
D19
Aprendizaxe colaborativa (PT) O alumnado desenvolverá en grupo diferentes exercicios, prácticas, problemáticas ou estudos de caso para aprofundar ou ampliar os contidos teóricos da materia.
A entrega é requisito facela en formato dixital e dentro do prazo que se sinale no seu momento.
Para a calificación terase en conta a fundamentación na que se apoia o desenvolvemento, a capacidade crítica, emprego de estratexias colaborativas e a proxección práctica amosada
desde o oportuno razoamento. Ata 0,5 puntos.
5 A3
A4
B2
B3
B4
C5
C9
C12
C14
D5
D11
D18
Prácticas de laboratorio (PP) O alumnado desenvolverá nas prácticas de laboratorio ante a presenza da-o docente na aula, implicándose oportunamente na marcha da clase. Este seguimento faráse con técnicas baseadas na observación directa, focalizándoa no proceso de elaboración das prácticas dentro da aula. Nesta observación realizada de xeito sistemático, terase en conta o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias polo alumnado atendendo ao seu progreso, calidade técnico-didáctica das prácticas realizadas, seguimento das pautas sinaladas polo profesorado combinadas oportunamente coa iniciativa propia, creatividade e responsabilidade asumida, coa adecuación dos resultados acadados.
É requisito facer a entrega en formato dixital e dentro do prazo sinalado no seu momento pola profesora (ata 3,5 ptos).
35 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
B6
C1
C5
C9
C12
C14
D5
D11
D16
D18
D19
Prácticas de campo (PP) O seu seguimento faráse con técnicas baseadas na observación directa, focalizándoa no proceso de elaboración dentro da aula. Esta observación realizada de xeito sistemático, tendo en conta o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias polo alumnado atendendo ao seu progreso, calidade técnico-didáctica das prácticas realizadas, seguimento das pautas sinaladas polo profesorado combinadas oportunamente coa iniciativa propia, creatividade e responsabilidade asumida, coa adecuación dos resultados acadados.
É requisito facer a entrega en formato dixital e dentro do prazo sinalado no seu momento pola profesora (ata 1 pto).
10 A2
A3
A4
B2
C1
C5
C12
D5
D11
D18
D19
Gamificación (PP) O seu seguimento faráse con técnicas baseadas na observación directa, focalizándoa no proceso de elaboración dentro da aula. Esta observación realizada de xeito sistemático, tendo en conta o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias polo alumnado atendendo ao seu progreso, calidade técnico-didáctica das prácticas realizadas, seguimento das pautas sinaladas polo profesorado combinadas oportunamente coa iniciativa propia, creatividade e responsabilidade asumida, coa adecuación dos resultados acadados.
É requisito facer a entrega en formato dixital e dentro do prazo sinalado no seu momento pola profesora (ata 1,5 pto).
15 A2
A4
A5
B2
B4
C1
C5
C12
D5
D11
D18
D19
Cartafol/dossier (PP) Para a súa cualificación terase en conta a coherencia e claridade da estructura, así coma a calidade técnico-didáctica amosada e capacidade de compromiso. Ata 0,25 puntos (asociados coa parte práctica da materia).
O alumnado desenvolverá en formato dixital un informe/diario de prácticas, baixo as indicacións da-o docente que serán detalladas oportunamente. O seu desenvolvemento farase ao longo do cuadrimestre e será revisado regularmente. O desenvolvemento e a entrega será feita en formato dixital, e se fose necesario tamen impreso, na última semana do cuadrimestre pecharase.
Na súa cualificación considérase o grao de correspondencia coas pautas facilitadas para a elaboración, coherencia e adecuación da estrutura, calidade do contido e extensión, así coma o reflexo da actitude e ética manifestada. Ata 0,75 puntos (asociados coa parte práctica da materia).
10 A2
A3
A4
A5
B4
C4
D5
D19
Exame de preguntas obxectivas (PT) O alumnado realizará unha proba para avaliar as competencias adquiridas, que incluirán preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...) a que repostará o estudatado. Ata 1,5 puntos. 15 B6
C5
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para superar a materia todo o alumnado terá que aprobar independentemente a parte TEÓRICA (cun mínimo de 1,5 puntos) e a PRÁCTICA DE LABORATORIO (cun mínimo de 3,5 puntos). No reparto corresponden ata 7 puntos ás prácticas de laboratorio e ata 3 á parte teórica da materia. O estudantado que desenvolva e entregue en prazo as actividades/exercicios/traballos/etc. da parte teórica e da práctica, ou nalgunha delas, contarán cunha avaliación diversificada e continua de carácter formativo en ambas ou na parte que elixa. No caso de superar só unha parte da materia (teórica ou práctica) conservarase a súa cualificación dentro do mesmo curso académico, ainda que en 1ª oportunidade na Acta académica figurará a calificación resultante da súa media aritmética.

- O estudantado que non cumpran coas esixencias e calidade requiridas para superar os extremos xa descritos para a avaliación continua poderá obter ata un máximo de 3 puntos no exame teórico e deberán acadar un mínimo de 1,5 puntos para computarllos co exame que teña que facer sobre as prácticas de laboratorio, no que tamén deberán dispor dun mínimo de 3,5 puntos sobre 7 para realizar a referida suma. De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria seguinte.

- As datas de realización do exame final-oficial, que desenvolverá obrigatoriamente o alumnado que non superase a materia por avaliación continua, e a súa revisión serán as que figuran no calendario de exames da Facultade, a consultar na Web da Facultade (http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/) no espazo de datas de exames. A hora da revisión comunicaríaselle ó alumnado no momento de sacar o listado de calificacións. O lugar de publicación das cualificacións será na Plataforma utilizada na materia e/ou no taboleiro de anuncios do despacho da-o docente responsable ou en calquera outro espacio dixital comunicado con antelación.

- As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

- As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo Exames: http://fcce.uvigo.es/es/docencia/examenes/

OUTRAS OBSERVACIÓNS: 

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levarán a cabo co alumnado da materia, concibíndose con certa flexibilidade; en consecuencia, pode requirir algunha rectificación promovida polo grupo de destinatarios real ou pola relevancia de situacións sobrevidas. Así mesmo, aportaráselle ao alumnado a información complementaria ou pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000