Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Filosofía: Filosofía social
   Recomendacións


 
Outros comentarios
- Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, a participación na aula e a consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. - Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. - Atención á expresión tanto oral (na aula e nas presentacións) como escrita (nos traballos e no exame). - Boa disposición para o traballo en grupo, cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades no docente. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000