Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Prácticas externas: Practicum Código O05G120V01981
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
48 OB 4 An
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
García Señorán, María del Mar
Correo-e msenoran@uvigo.es
Profesorado
Alfonso Gil, Sonia
Blanco Sierra, Javier
Casal de la Fuente, Lucía
Conde Rodríguez, María Ángeles
Doval Ruiz, María Isabel
García Señorán, María del Mar
Iglesias Álvarez, Ana María
Mcnicholls , Stuart John
Míguez Álvarez, Carla María
Rodríguez Enríquez, Mónica
Sierra Martínez, Silvia
Táboas Pais, María Inés
Tellado González, Fernando
Web http://http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/practicum-grao-educacion-primaria
Descrición xeral As competencias específicas do grao en Educación Primaria defínense na ORDE ECI/3857/2007, de 27 de decembro, na cal se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Primaria. Entre estes requisitos faise referencia, no ANEXO (apartado 5), á planificación do ensino, sinalando que o plan de estudos deberá incluír, entre outros, un módulo formativo denominado Prácticum. Na mesma Orde Ministerial indícase que:
“O Prácticum desenvolverase en centros de educación primaria recoñecidos como centros de formación en prácticas mediante convenios entre as Administracións Educativas e as Universidades. Terá carácter presencial e estará tutelado por profesores universitarios e mestres de educación primaria acreditados como titores de prácticas. O Prácticum realizarase nos dous ciclos do ensino de educación primaria”.

Para poder matricularse no Prácticum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000