Guia docente 2026_27
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Obradoiro de creatividade artística
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Observarase a evolución do traballo nas distintas fases do proceso creativo e de elaboración dos proxectos. Atenderase o alumnado para resolver dúbidas sobre o proceso de elaboración, con revisións intermedias programadas ao longo do cuadrimestre.
Lección maxistral As consultas sobre os contidos teóricos atenderanse no horario de titorías presenciais ou por correo electrónico (sarafuent@uvigo.es).
Obradoiro Realizarase seguimento individualizado do alumnado durante as sesións de obradoiro. As dúbidas sobre as prácticas en curso atenderanse tamén no horario de titorías ou por correo electrónico.
Cartafol/dossier Orientarase o alumnado sobre os criterios de elaboración do portafolio e responderase ás consultas mediante titorías presenciais ou por correo electrónico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000