Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Obradoiro de creatividade artística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Obradoiro Elaboración artística didáctica no taller para o desenvolvemento do enxeño, da inventiva, do pensamento orixinal e da imaxinación construtiva.
Interpretación práctica didáctica de obras artísticas na historia.
Soporte teórico-práctico e coñecemento da técnica no estudo do taller.
Traballo tutelado Guía de traballos de arte e saber ver no pensamento diverxente e creativo.
Estudos creativos do debuxo e cor desde a didáctica tras a explicación en clase de pautas de realización.
Titorización da realización nas estruturas tridimensionais e nos traballos de volume creativo.
Incorporación didáctica titorizada das tecnoloxías da información e da comunicación e de todos os novos métodos informáticos aplicables na aula a este nivel.
Prácticum, Practicas externas e clínicas Estímulo ao aire libre na xeración de novas ideas e conceptos artísticos, de novas asociacións entre ideas observadas e de conceptos coñecidos, como produtores de solucións orixinais.
Modelos de investigación e de creatividade intencionada nas prácticas externas.
A investigación didáctica no referente á imaxinación na obra artística e a súa relación coa realidade do exterior.
Estudo previo Utilizar a realización de esbozos e estudos previos como mellora da obra práctica persoal e de progreso da didáctica: descubrimento de pautas estéticas na obra de arte e da súa transmisión ao alumnado.
Lección maxistral Traballo didáctico e leccións maxistrais acerca da produción de ideas, conceptos, descubrimentos novos, orixinais e útiles, estéticos.
Estudo teórico e fundamentado da inventiva e didáctica nas nas Artes.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000