Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Álvarez García, David
Correo-e
davidalvarez@uvigo.es
Profesorado
Álvarez García, David
Web
Descrición xeral
A materia de Ética e deontoloxía profesional tenta ofrecer aos alumnos e alumnas os elementos instrumentais e conceptuais básicos para o achegamento á Ética.
Proporcionarlle aos alumnos e alumnas os conceptos fundamentais para a comprensión de textos relacionados coa Ética. Analizar, sintetizar e valorar criticamente as diferentes teorías da Ética propostas no programa e a posibilidade de aplicalas á realidade actual da sociedade e do ámbito educativo. Motivar ao alumnado sobre a importancia que a formación ética poida desempeñar no seu traballo profesional e na formación da súa personalidade.