Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil Código O05G110V01103
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Alonso Ferreiro, Almudena
Correo-e almalonso@uvigo.es
Profesorado
Alonso Ferreiro, Almudena
Web http://http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/graoedinfantil/titorias?ficha_profesor=143
Descrición xeral Esta materia cumpre un
papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque traballa as competencias necesarias para o
manexo das tecnoloxías como ferramentas para a busca, o tratamento, a
organización e a representación da información. Neste senso, serve de apoio a
outras materias do plano de estudos
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de cómo ensinar e
cómo aprender na escola (etapa 0-6) dentro da sociedade da información e o coñecemento.
Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel
do profesor, dos alumnos e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a
nova maneira de ensinar e aprender en educación infantil coa tecnoloxía. Así coñecerás, entre outras
cousas, novos recursos didácticos con base tecnolóxica, cómo deseñar e elaborar
materiais didácticos empregando a tecnoloxía, qué estratexias de traballo empregar
coas novas tecnoloxías na escola,...
Por último, como mestra será necesario que sexas capaz de axudar aos nenos e nenas de 0-6 anos a desenvolverse neste novo entorno tecnolóxico pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o ocio e o tempo de lecer,
senón tamén para a súa formación como parte dunha cidadanía libre e responsable.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000