Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facutlade de Educación e Traballo social RECOMÉNDASE: 1) Asistencia continua ás sesións de teoría e prácticas. A asistencia considérase fundamental para o seguimiento da materia por parte do alumnado e para a evaluación, por parte dos docentes, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedimentais. Máis de 3 faltas supoñen a presentación obrigatoria do alumno/a ao exame práctico da materia. 3 ou menos faltas terán que recuperarse do modo acordado coa profesora. 2) Dominio da informática a nivel usuario, o que supón o manexo de aplicacións de carácter xeral (por exemplo, un tratamiento de textos, unha base de datos e un programa de presentacións), do correo electrónico e Internet. 3) Actitude favorable e receptiva para a experimentación e exploración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no campo educativo. 4) Que o alumnado non asistente o comunique o antes posible para determinar as alternativas metodolóxicas e de avaliación que se van a seguir. 5) Emprego efectivo e ético da tecnoloxía móbil na aula. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000