Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: Recursos, novas tecnoloxías e tecnoloxías da información e comunicación na educación.

1.0. As TIC na sociedade da información
1.1. Alfabetización tecnolóxica e competencia dixital
1.2. Impacto social e educativo da cultura audiovisual e dixital
1.3. Papel dos centros educativos na sociedade da información
1.4. A integración das TIC en contextos educativos:
- Factores que influen na súa integración
- Perspectivas curriculares e modelos de integración das TIC
- Proxectos europeos, nacionais e galegos de implantación das TIC nos centros
Tema 2: Emprego das principais ferramentas de internet.


2.0 Recursos web para a educación
2.1. Ferramentas de comunicación en educación
2.2. Aplicacions educativas da Web 2.0
2.3.Metodoloxías de traballo con Internet na aula: webquest, cazas do tesouro...
2.4. Novas posibilidades educativas e desafíos na rede:
- Seguridade da infancia en Internet
- Entornos virtuais de ensinanza-aprendizaxe
- Traballo colaborativo con TIC
- Realidade aumentada
Tema 3: Aplicación didáctica, organizativo-administrativa y de ocio de las nuevas tecnologías en la educación.



3.1. A linguaxe audiovisual e os medios de comunicación de masas:
- Lectura de imaxes. A imaxe dixital.
- A televisión e a publicidade na aula.
- Outros medios de comunicación de masas na aula
3.2. Utilización educativa do vídeo e do cine:
- Funcións do vídeo na ensinanza
- Metodoloxía, uso e explotación didáctica dos vídeos
- Integración do cine en educación
3.3. Inclusión educativa con apoio das TIC:
- As tecnoloxías de apoio a diversidade: tipoloxías e funcións.
- Criterios para a súa inclusión no curriculum.
- Ventaxas e criterios para o uso das TIC na inclusión do alumnado.
3.4. Novos recursos TIC para os procesos de ensino- aprendizaxe:
- Do libro de texto ao libro dixital
- Metodoloxía de traballo coa pizarra dixital interactiva (PDI) na aula
- Espazos TIC: aula de informática, ordenador na aula ou aprendizaxe ubicua
- Videoxogos e gamificación para o ensino
3.5. A avaliación e a titoría a través das TIC :
- O portafolio e a rúbrica para a avaliación e seguemento de aprendizaxes
- A acción titoríal mediada por TIC
3.6. m-learning (mobile learning) e o movemento BYOD (Bring Your Own Device) nos centros educativos.
3.7. Recursos multimedia para a educación:
- Concepto, clasificación e características dos multimedia educativos
- Funcións e orientacións para o uso didáctico do multimedia educativo
- Selección e avaliación de multimedias educativos
- Deseño e elaboración de materiais didácticos multimedia
3.8. Robótica e impresoras 3D en Educación Infantil
PARTE PRÁCTICA
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia. Desenvólvense a través das TIC de xeito autónomo en espazos especiais con equipamento especializado. As prácticas, que se concretarán na primeira semana de clase en función dos coñecementos previos dos alumnos e a disponibilidade de recursos, serán proxectos de traballo individuais ou en pequeno grupo e xirarán en col dos temas abordados na teoría, e ao redor dos seguintes eixos:
1. Ferramentas para o traballo colaborativo en rede.
2. Análise e selección de materiais e recursos educativos en formato dixital
3. Planificación e deseño de materiais e recursos educativos en formato dixital
4. Ferramentas para a titoría, xestión e organización do centro e aula.
5. Revista escolar
6. TV e radio escolar
7. Dispositivos móbiles na aula (tablets, smartphone, iPod...) e BYOD
8. Protección de datos e seguridade da infancia en Internet
9. Realidade aumentada
10. Libros electrónicos
11. Stop-motion
12. Mapas sonoros xeo-referenciados
13. Robótica en educación infantil
14 Calquera outro relacionado coa materia e previamente negociado coa profesora

O produto final será un E-PORTFOLIO que se elaborará ao longo do cuadrimestre e que deberá conter, entre outros, a colección ou recompilación en formato dixital de cada unha das tarefas e reflexións que cada alumno irá ensamblado, mantendo e coidando.

O resultado final da parte práctica será defendido oralmente ao final do cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000