Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Atención ao cliente
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Realización de traballos teóricos e prácticos ao largo do curso 30 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B7
B8
B9
B10
C6
C12
C13
C15
D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final 40 A1
A2
A3
A4
A5
B5
Estudo de casos Realización de casos prácticos e análises de situacións. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B7
B8
B9
B10
C6
C12
C13
C15
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aplicarase un sistema doble de posible avaliación; podendo o alumno optar por aquel que desexe:

1) AVALIACIÓN CONTINUA

Consistirá nunha avaliación durante todo o cuadrimestre, na que se valorará a participación nas clases, o enriquecemento que se faga ao traballo conxunto nas aulas (tanto nas sesión teóricas como nas prácticas), o traballo na resolución de casos prácticos realizado polo alumnos nas clases,  os traballos realizados  (tanto na aula como fora dela)  polos alumnos tanto dun xeito individual como en grupo, así como a presentación dos mesmos.

Aqueles alumnxs que desexen ser avaliados mediante avaliación contínua e superar a materia sen a realización de exame, deberán de presentar a totalidade das entregas que se determinen, valorándose: 

- Sobre un máximo de 3 puntos o traballo realizado en clase . 

- Ata 5 puntos as actividades realizadas e entregadas/presentadas ao longo do curso. 

- Ata 2 puntos unha proba na que resolvan algúns aspectos teórico prácticos realizados coa materia (os alumnos que teñan acadado a puntiación de 5 puntos nas dúas valoracións anteriores non terán que realizar esta proba) 

Aqueles alumnxs que non desexen ser avaliados mediante avaliación continua, así como os que non superen esta, deberán de superar o exame que se realizará na data fixada (que non coincidirá co daqueles alumnos que opten pola avaliación continuada)


2) AVALIACIÓN NON CONTINUA

No caso de que o estudante non opte pola avaliación continua, este terá que realizar unha proba escrita. Dita proba comporase de duas partes: Teórica ( poderá conter preguntas tipo test e/ou preguntas curtas e de desenvolvemento) Prácitca: resolución de preguntas que requiran a aplicación práctica dos coñecementos. Esta proba NON ten porque ser igual a que terán que superar os alumnos que opten pola avaliación continuada,

En segunda convocatoria, manterase o procedemento de avaliación anteriormente descrito.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual .

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000