Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Habilidades no manexo das TIC para a procura e uso da información |
B4 |
Dominio do inglés e perfeccionamento e intensificación, como mínimo, dunha segunda lingua estranxeira |
B5 |
Capacidade de comunicación oral e escrita |
B6 |
Mobilidade e adaptabilidade a diferentes medios e situacións |
B7 |
Capacidade de traballo en equipo, así como a nivel individual |
B8 |
Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo |
C14 |
Desempeñar actividades profesionais en inglés e outras linguas estranxeiras dentro do sector turístico |
C15 |
Orientación do servizo ao cliente |
D3 |
Creatividade |
D5 |
Motivación pola calidade |