Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IIIB: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Estas probas serán orais e escritas. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B8
C14
C15
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen a redacción de breves textos e a preparación de presentacións orais sobre aspecto do sector, especialmente de "Landeskunde". 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B8
C14
C15
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B8
C14
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É condición obrigatoria para ser avaliado/a de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia inferior, que deberánn ser comunicados ao profesorado canto antes.


A práctica de laboratorio (40%) consiste nunha participación activa en todas as actividades que se desenvolven en clase - e a súa adecuada preparación en casa - con atención especial á produción oral.
A resolución de problemas/exercicios (20%) consiste tanto na redacción de breves textos como presentacións orais adaptados ao nivel de aprendizaxe do alumnado sobre aspectos relacionados co sector turístico, especialmente de "Landeskunde".
O exame de preguntas obxectivas (40%) consiste en avaliar as competencias adquiridas en clase incluida a comprensión oral mediante un exame escrito. Este control final realízase na última sesión do cuadrimestre e é necesario obter como mínimo un 5 para facer a media coas outras partes e aprobar a avaliación continua.

No caso de optar pola avaliación global é necesario comunicalo ao profesorado entre o 11 de setembro e o 11 de outubro.O 100% da nota é a obtida no exame final.

O mesmo sistema aplícase na segunda convocatoria (xullo).

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual.

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000