Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Dereito: Lexislación turística
   Contidos
Tema Subtema
Aspectos xurídico-mercantís do turismo:
1. -Marco normativo privado do turismo.
2.- Turismo e dereito empresarial turístico.
3.- O empresario turístico.
4.- Os usuarios de servizos turísticos.
5.- A contratación mercantil aplicada ao turismo (nocións xerais e clasificación dos contratos turísticos).
6.- Tipos específicos de contratos turísticos.
7.- A contratación electrónica no sector turístico.
8.- A oferta turística complementaria.
1. O Dereito e as súas ramas. O Ordenamento Xurídico e as súas normas.
2. O turismo e a súa regulación. O Dereito empresarial turístico.
3. O estatuto do empresario turístico. O empresario turístico social: tipos sociais básicos. A protección do empresario turístico e da súa actividade no mercado. Incidencia da regulación administrativa sobre o empresario turístico.
4. O turista e o seu estatuto xurídico. Dereitos do turista como consumidor. Dereitos derivados da lexislación sectorial turística
5. Concepto e elementos do contrato en xeral. Os contratos turísticos e as súas características. Clasificación dos contratos turísticos.
6. Contratos relativos ao aloxamento e a explotación dos establecementos hoteleiros. Contrato de aproveitamento por turnos de bens de uso turístico. Contrato de viaxe combinada e paquetes dinámicos. Contratos relativos ao transporte turístico. Contratos de restauración. Outros contratos e servizos turísticos.
7. A Sociedade da Información e o seu impacto na contratación turística. Regulación dos Servizos da Sociedade da Información e comercio electrónico. O empresario turístico como prestador de Servizos da Sociedade da Información. Comunicacións comerciais electrónicas. Particularidades da contratación turística electrónica. Aspectos formais dos contratos turísticos electrónicos.
8. A noción de oferta turística complementaria: breve referencia (remisión ás figuras contractuais básicas).
Ordenación das relacións laborais no sector turístico:
1.- Traballadores por conta allea: concepto.
2.- Contrato de traballo.
3.- Modalidades de contratación.
4.- Colocación e fomento do emprego.
5.- Tempo de traballo (especial referencia a xornadas especiais).
6.- Retribución no sector turístico.
7.- Suspensións e extincións.
8.- Prevención de riscos laborais.
1: Notas caracteristicas: dependencia, conta allea,voluntariedade, caracter persoal
2: Concepto, elementos subxctivos e obxectivos
3: Contratación indefinida, temporal estrutural, contratos formativos,contratos de fomento de emprego.
4: Servicios públicos de emprego e axencias de colocación. Fomento do emprego. Subvencións e bonificacións.
5: Xornada de traballo ordinaria e máxima. Tempo de descanso e tempo e traballo.Xornadas especiais e horas extaordinarias.
6: As retribucións no sector turístico.
7: concepto e efectos.Clases de suspensión. A extinción: concepto, causas. Clases de extinción. O despedimento
Réxime tributario do sector turístico:
1. -Clasificación e elementos esenciais das categorías tributarias.
2. -Os tributos estatais aplicables ao turismo (I): Imposto sobre a renda das persoas físicas, imposto sobre sociedades.
3. -Os tributos estatais aplicables ao turismo (II): Imposto sobre o valor engadido.
4. -Outros tributos que inciden no sector turístico.
1.O tributo. Características e clases.
2.Oblrgados tributarios
3.Elementos do tributo:
4.Feito impoñible
5.Exencións e non suxección
6.Base impoñible e tipo de gravame
7.A débeda tributaria
8.Concepto e modos de extinción da débeda tributaria
9.Tributos que inciden sobre a actividade turística
10.Imposto sobre a renda das persoas físicas
11.Imposto sobre sociedades
12.Imposto sobre o valor engadido
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000