Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xeografía: O turismo no mundo actual
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Xeografía: O turismo no mundo actual Código O04G240V01104
Titulación
Grao en Turismo
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Historia, arte e xeografía
Coordinador/a
Díaz Fernández, José Antonio
Correo-e tonydiaz@uvigo.es
Profesorado
Díaz Fernández, José Antonio
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral Panorama das claves interpretativas que explican o actual momento de desenvolvemento da actividade turística a nivel mundial e as súas tendencias actuais abordadas dende o punto de vista da xeografía. Neste contexto, realízase unha lectura espacial do turismo como actividade produtiva dependente dos valores do territorio e, polo tanto, indisociable da paisaxe e da identidade territorial, unha identidade que se destrúe, ou se reconstrúe, co turismo, a través de complexos procesos de carácter económico, sociocultural e territorial. Analízanse os distintos escenarios do turismo nas grandes rexións turísticas mundiais, tanto a nivel de oferta coma de demanda, e os fluxos existentes entre elas. A análise territorial achega coñecementos clave para a comprensión da complexa e dinámica actividade turística, sendo especialmente reveladores coa aparición de novos escenarios baixo criterios de calidade ambiental e sostibilidade social. Con iso preténdese sentar unha base descritiva e conceptual que permita ao alumno contextualizar os coñecementos xeoturísticos que adquirirá ao longo do Grao de Turismo.

Dende unha perspectiva máis ampla, trátase de mostrar o carácter multidisciplinar do fenómeno turístico, con elementos de carácter social, económico, cultural, territorial, ambiental etc., que se relacionan de xeito sistémico entre si. Así, a achega conceptual, instrumental e metodolóxica da materia «O turismo no mundo actual» parece indispensable para a plena consecución das competencias e obxectivos xerais do Grao de Turismo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000