Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Socioloxía do traballo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Elaboración dun traballo de investigación sobre os contidos da materia. O/A docente responsable supervisará a elección do tema e a metodoloxía a utilizar. O desenvolvemento do traballo e o informe final que se deberá entregar realizarase en equipo (máximo de tres persoas). Se o/a alumno/a non pode
facelo en equipo, terá a posiiblidade de elaborar o traballo de
investigación de maneira individual, pero terá que comunicarllo
previamente ao profesor/a.
40 B1
B2
B5
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de avaliación das competencias adquiridas que combinará preguntas tipo test, sobre conceptos teóricos, con preguntas de desenvolvemento sobre un tema ou subtema da materia. 40 B1
B2
B5
B8
B9
D3
D4
D5
Presentación Exposición na aula e ante os compañeir@s do traballo de investigación. Se valorará a sistematización da información, a claridade expositiva, o uso de TICs e a capacidade didáctica de trasmisión de contidos. 10 B1
B2
B5
B8
B9
D3
D4
D5
Debate Debates e discusión ordenadas na aula en torno as temáticas tratadas durante
o curso.
10 B1
B2
B5
B8
B9
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado da modalidade Presencial terá que asistir polo menos ao 75% das clases para ser avaliado nesta modalidade.
Será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos en cada un dos dous tipos principais de avaliación: no exame (parte teórica) e no traballo de investigación (parte práctica). É dicir, mínimo de 4
puntos na avaliación do exame (parte teórica) e un mínimo de 4 puntos na avaliación do
traballo de investigación (parte práctica), para poder sumar as notas dos dous tipos de avaliación e
así establecer a nota final da materia (que incluirá as notas da presentación e da participación nos debates). Se se aprobase só unha parte e entre as dúas partes non se sumase o aprobado,
gardarase a nota da parte aprobada para a 2ª oportunidade-convocatoria de xullo, onde o alumnado terá que facer un
exame sobre a parte non aprobada (preguntas de contido teórico ou práctico da materia, dependendo da parte da materia a
recuperar).

O alumnado Non Presencial, que non acuda ás clases da materia, ten dereito a exame nas datas das convocatorias oficiais; o exame suporá o 100% da cualificación. O alumnado da modalidade Non Presencial deberá examinarse na data oficial do exame mediante unha proba escrita de preguntas que terá dúas partes diferenciadas: a) preguntas sobre o contido teórico (tipo test e de desenvolvemento) e b) preguntas sobre a parte práctica de metodoloxía e formulación dun traballo de investigación. 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación, aprobada pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000