O alumnado da modalidade de Avaliación Continua terá que asistir polo menos ao 70% das clases, tanto teóricas como prácticas, para ser avaliado nesta modalidade. O estudantado pode renunciar á Avaliación
Continua e pasarse á Avaliación Global comunicando por escrito ó coordinador da
materia e no seguinte prazo: Primeiro Cuadrimestre do 11 de setembro ó 11 de
outubro (ámbolos dous días incluídos). Na Avaliación Continua, será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos en cada un dos dous tipos principais de avaliación: no exame (parte teórica) e no traballo de investigación (parte práctica). É dicir, mínimo de 4
puntos na avaliación do exame (parte teórica) e un mínimo de 4 puntos na avaliación do
traballo de investigación (parte práctica), para poder sumar as notas dos dous tipos de avaliación e
así establecer a nota final da materia (que incluirá as notas da presentación e da participación nos debates). Se se aprobase só unha parte e entre as dúas partes non se sumase o aprobado,
gardarase a nota da parte aprobada para a 2ª oportunidade-convocatoria de xullo, onde o alumnado terá que facer un
exame sobre a parte non aprobada (preguntas de contido teórico ou práctico da materia, dependendo da parte da materia a
recuperar).
O alumnado da Avaliación Global, que non acuda ás clases da materia, ten dereito a exame nas datas das convocatorias oficiais; o exame suporá o 100% da cualificación. O alumnado de esta modalidade deberá examinarse na data oficial do exame mediante unha proba escrita de preguntas que terá dúas partes diferenciadas: a) preguntas sobre o contido teórico (20% tipo test e 30% preguntas de desenvolvemento) e b) preguntas sobre a parte práctica de metodoloxía (20%) e formulación dun traballo de investigación (30%).
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación, aprobada pola Xunta de Centro para o curso 2024-2025. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.
|