Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Socioloxía do traballo
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: Introdución á socioloxía do traballo. - O enfoque sociolóxico sobre o traballo.
- Achegas dos clásicos.
Tema 2: O sistema fábrica. - Proceso de transición dende o artesanado ao capitalismo industrial.
- As fábricas: aumento da división técnica do traballo, da dirección-organización e control empresarial e da disciplina do traballo.
Tema 3: O fordismo. - O taylorismo: a 'organización científica do traballo'.
- Sistema de produción en masa ou en serie.
- Norma social do consumo obreiro de masas.
- Estado do benestar.
- Sloanismo: o fordismo flexible.
- Crise do fordismo.
Tema 4: O posfordismo e a globalización. - Especialización flexible.
- Toyotismo: produción lixeira ou axustada.
- Sistema de produción reflexivo.
- Globalización, flexibilidade, desregulación e sociedade do risco.
- Cidades globais e precariado.
Tema 5: Teorías sobre o Mercado de Traballo. - Neoclásica.
- Capital Humano.
- Institucionalistas.
- Segmentación.
- Crítica.

Tema 6: Análise sociolóxica do Mercado de Traballo. - Conceptos, indicadores e fontes estatísticas.
- Flexibilidade e desregulación, polarización e dualización, vulnerabilidade, precariedade e exclusión.
- Desigualdades e segregacións segundo xénero (horizontais e verticais). A "dobre presenza"das mulleres no traballo de coidados e no emprego.
- Traballores estranxeiros: etnificación, precariedade e explotación laboral.
Tema 7: Tendencias actuais e debates sobre o futuro do traballo humano. - Globalización, cambios tecnolóxicos e flexibilización.
- Novas formas do emprego.
- Robotización e automatización, 'economía gig', teletraballo e emprego verde.
- O fin do traballo?.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000