Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Entregas dos casos estudados e resoltos nas sesións dos grupos medianos. 40 B1
B2
B5
B8
B9
B14
C5
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba para avaliar a adquisición e comprensión dos contidos da materia.
Esta avaliación poderá consistir en cuestións tipo test, preguntas teóricas e/ou preguntas de razoamento.
Para dar por superado o exame, o alumno deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos apartados do mesmo.
40 B1
B2
B10
B13
C1
C3
C5
C11
D1
D5
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e os seus compañeiros dos resultados do traballo tutelado. 20 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.

AC.
En caso de non renunciar á avaliación continua:

O conxunto de criterios da avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 4 (sobre 10) en cada proba para poder compensala e superar a materia.

Podrá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polos alumnos nas sesións presenciais.

AG
en primeira oportunidade

O alumno que non siga o procedemento de avaliación  continua deberá realizar un exame final, con parte teórica e parte práctica, que supondrá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test e de desenvolvemento) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 4 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, se evaluarán todas as competencias da materia.

Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións:

- Realizar un exame con parte teórica e parte práctica, que supondrá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test e de desenvolvemento) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mánimo de 4 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, se evaluarán todas as competencias da materia.

- Conservar a nota obtida na Presentación (20%) e no Estudo de casos (40%), sempre que sexan superiores a 4 (sobre 10), e realizar únicamente o Exame de preguntas obxectivas (40%). É necesario alcanzar un mínimo de 4 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia.

Si en calquera das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, e a puntuación total é igual ou superior a 4.5 (sobre 10), a calificación en actas será 4.5 (sobre 10).

A concreción das actividades a realizar *dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de evaluación aprobado pola Xunta de Centro. En caso de disparidade ou conflito entre as datas dos exámenes prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.

As diferenzas no método de evaluación que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe
propostos e competencias á diferente organización de clases
docentes empregada por ambos os centros.

IMPORTANTE: É obligación dos
alumnos coñecer e seguir as instrucións relativas ás distintas
probas de evaluación, tanto as contidas na Guía docente ou en calquera outro
documento de organización da materia que o profesor poña ao seu disposición,
como as que se lle fagan chegar puntualmente a través das canles habituais
(correo electrónico e/ou Moovi).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000