Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Xestión de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación continua ao longo das sesións presenciais do curso. Consiste na resolución, de maneira individual ou en grupo, de cuestións expostas, orientadas e supervisadas polo profesorado, sobre a materia. Avaliarase a comprensión da materia por parte do alumnado mediante as entregas realizadas, a participación activa nas mesmas e/ou a realización de cuestionarios. 40 B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B13
B14
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C12
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse 2 probas para avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos, así como a aplicación dos coñecementos adquiridos para a resolución e interpretación de problemas e situacións no ámbito empresarial.
Cada proba terá un peso do 30% dentro da nota global.
Estas probas poderán consistir en cuestións test, exercicios, resolucións de casos prácticos e/ou preguntas de razoamento.

Condicións mínimas para superar ambos exames:
- Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no conxunto do exame.
- Obter unha cualificación de 4 sobre 10 en cada tema.
60 B5
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser
avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente
optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a
AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido
polo centro. A escolla de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose
mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida até ese
momento en calquera das probas que xa tiveran lugar.

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (AC)

METODOLOXÍA/PROBA 1: Resolución de problemas.

Descrición: Ao longo do curso formularanse varios
problemas/exercicios/análise de casos/tests. A nota global será a media
aritmética simple de todas as cualificacións obtidas. Se un/ha alumno/a non
realiza algunha actividade das propostas, asignaráselle unha nota de 0 nesa
actividade.

% de cualificación: 40%

--------------------------------------------------
--------------------------

METODOLOXÍA/PROBA 2: Exame.

Descrición: Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase
un exame, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos e
procesos esenciais relativos aos temas impartidos até ese momento.

% de cualificación: 30%

% mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o alumnado
deberá:


  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no conxunto do exame.

  • Obter unha cualificación de 4 sobre 10 en cada tema.

--------------------------------------------------
--------------------------

METODOLOXÍA/PROBA 3: Exame.

Descrición: A final de curso, na data oficial do exame da materia,
realizarase un novo exame, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos
conceptos e procesos esenciais relativos aos temas impartidos na segunda metade
do cuadrimestre e non avaliados na Proba 2.

% de cualificación: 30%

% mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o
alumnado deberá:


  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no conxunto do exame.

  • Obter unha cualificación de 4 sobre 10 en cada tema.

--------------------------------------------------
--------------------------

Aclaracións sobre a avaliación
continua: 
No caso de que algún alumno/a non
supere o/s exame/s das Probas 1 e/ou 2 na primeira oportunidade (1ª edición de
actas):


  • Poderá recuperar o/s exame/s suspenso/s na data oficial establecida
    para a 2ª edición de actas.

  • O alumnado que se atope nesa situación tería unha cualificación de
    suspenso na primeira oportunidade (1ª edición da acta). A nota numérica
    que lle aparecería en actas na primeira oportunidade sería a
    correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en
    caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de
    4,9.

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

PRIMEIRA PARTE DA PROBA: Exame tipo test.

Descrición: Proba obxectiva que valorará a adquisición e
comprensión dos conceptos e procesos esenciais da materia.



% cualificación: 30%

% mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o/a
estudante deberá obter unha nota igual ou superior a 7 puntos (sobre 10).

--------------------------------------------------
--------------------------

SEGUNDA PARTE DA PROBA: Exame de cuestións teórico-prácticas.

Descrición: Proba que incluirá avaliación de conceptos teóricos e
resolución de exercicios.



% cualificación: 70%

--------------------------------------------------
--------------------------

Aclaracións sobre a
avaliación global: 
O
estudantado que siga o sistema de avaliación global deberá obter polo menos un
7 sobre 10 no exame de preguntas test (primeira parte da proba). A nota
numérica que figuraría na acta para o alumnado que non acade esta nota mínima,
sería a nota obtida nesa proba, cando fose inferior a 4,9. Se esa nota fose
igual ou superior a 4,9, aparecería unha nota de 4,9.

OBSERVACIÓNS GLOBAIS



Os estudantes que non participen na
AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.



Recoméndase ao alumnado ter en
conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento sobre a
avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)



As datas e horas das probas de AG
(de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso en vigor.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as
publicadas na web da facultade, http://fcetou.uvigo.es

CONSULTA/ SOLICITUDE DE TITORÍAS



As titorías pódense consultar a
través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de
https://fcetou.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000