Guia docente 2026_27
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas A avaliación continua realizarase mediante 4 controis periódicos ao longo do cuadrimestre. O 20% da nota corresponde á parte de preguntas obxectivas. Segundo a memoria da titulación atópase entre o rango inferior do 20% e o rango superior do 50%. 100 B1
B2
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 Avaliación Continua: O alumnado será avaliado mediante un sistema de avaliación continua composto por catro controis realizados ao longo do cuadrimestre. A nota final desta modalidade determinarase segundo a seguinte ponderación:

  • Primeiro control (Temas 1 e 2): 10% da nota final.
  • Segundo control (Temas 1, 2 e 3): 20% da nota final.
  • Terceiro control (Temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6): 30% da nota final.
  • Cuarto control (Temas 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9): 40% da nota final.
Entenderase que o estudante renuncia a este sistema de avaliación continua se incorre en calquera das seguintes situacións:
  • Obter unha nota inferior a 2 puntos sobre 10 nalgún dos controis.
  • Non realizar algunha das probas ou controis sen causa xustificada.
  •  Non entregar os boletíns ou non realizar os cuestionarios online de forma reiterada, ou obter nelas unha cualificación inferior ó 5.
As datas e os horarios das probas de avaliación continua comunicaranse na aula, a través de Moovi e por correo electrónico cunha antelación mínima dunha semana.
Avaliación Global: O estudante poderá optar por unha avaliación global mediante un exame final que lle permita alcanzar o 100% da nota máxima. Para acollerse a esta opción, deberá comunicalo por escrito ao coordinador no prazo de 30 días hábiles a contar desde o inicio do cuadrimestre. Para que a solicitude sexa considerada válida e se dea por tramitada, o/a alumno/a deberá recibir unha resposta ou confirmación positiva da coordinación da materia a través de correo electrónico.
Convocatorias Segunda Oportunidade e Fin de Carreira: Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos sobre 10. As datas dos exames finais de cada convocatoria son as establecidas no calendario de probas aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. En caso de disparidade, prevalecerán as datas publicadas na páxina web da facultade.
Protocolo de integridade académica e Intelixencia Artificial (IA): Durante a realización das probas de avaliación, prohíbese estritamente o uso de dispositivos electrónicos e de calquera ferramenta baseada en Intelixencia Artificial (IA), salvo autorización expresa do profesorado. Calquera actuación fraudulenta, copia ou uso indebido destas ferramentas implicará directamente unha cualificación de cero (0) na proba correspondente.
O estudante citado a unha proba de avaliación terá que comparecer no lugar e hora prevista cun documento acreditativo oficial da súa identidade en formato físico ou dixital (DNI, NIE, pasaporte, cartón universitario ou carné de conducir).
Esta guía docente foi redactada polo coordinador en galego. En caso de discrepancia entre versións en distintos idiomas, a versión en galego prevalecerá sobre as demais.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal