Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito de danos e responsabilidade civil
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen: as incluidas no apartado 5, que se desenvolverán utilizando os medios telemáticos postos a disposición pola Universidade de Vigo (aulas virtuais do Campus Remoto e plataforma Faitic).

* Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): mediante correo electrónico ou no despacho virtual do profesor baixo a modalidade de concertación previa.

* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir: non proceden.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: non procede.

* Otras modificacións: incorporación na plataforma Tem@ dos temas explicados nas clases virtuais.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas que se manteñen: as incluidas no apartado 7, que se desenvolverán utilizando os medios telemáticos postos a disposición pola Universidade de Vigo (aulas virtuales do Campus Remoto e plataforma Faitic).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000