Guia docente 2024_25
Facultad de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Difusión e Socialización do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que incluen preguntas pechadas con distintas alternativas de resposta. Dotar ao alumnado dos coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para esbozar e dirixir proxectos de musealización e diseñar campañas de promoción e difusión do mesmo. 20 A1
B1
C8
C14
D3
D6
Traballo Traballos e proxectos orientados a capacitar ao alumnado para a difusión e divulgación de coñecemento científico e creación de mensajes con fins de sensibilización social sobre o patrimonio. 40 A1
B1
C8
C14
D3
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a participación activa nas distintas actividades por medios telemáticos de cara a capacitar ao alumnado para a difusión e divulgación decoñecemento científico e creación de mensaxes con fins de sensibilización social sobre o patrimonio. 40 A1
B1
C8
C14
D3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo
”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua
” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre.

As
probas de “avaliación global” desta materia consistirán no seguinte: Exame de preguntas obxectivas (40%); entrega de un traballo obrigatorio (40%); resolución de problemas e/ou exercicios (20%).

O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000