Educational guide 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Técnicas de Documentación Cartográfica 2D e 3D do Patrimonio Cultural
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación das ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Adquirir o coñecemento necesario para manexar as distintas ferramentas de documentación gráfica, dimensional e xeoespacial para seren aplicadas na documentación e valoración do Patrimonio cultural.
C5 Dominar e poder aplicar instrumentos e procedementos de diversas técnicas cartográficas ao patrimonio cultural para o seu control tridimensional e a elaboración de documentación gráfica mediante ferramentas CAD.
C6 Analizar, refinar e interpretar información xeográfica, así como o seu almacenamento en bases de datos, en función dos requisitos técnicos para o inventario e documentación dun proxecto de intervención.
D4 Poder integrar a información e os datos diversos aportados por diversos técnicos e ferramentas na redacción de conclusións de actuación.
D5 Ser capaz de predecir e controlar a evolución das situacións complexas a través do desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico / investigativo, tecnolóxico ou profesional específico, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolve a súa actividade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000