Guia docente 2026_27
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Figuras de Intervención e Xestión de Proxectos
   Recomendacións


 
Outros comentarios
A docencia da materia desenvolverase sempre de maneira telemática presencial, ben sexa síncrona ou asíncrona, utilizando a plataforma docente Moodle (MooVi) e participando nas actividades docentes a través de videoconferencia (Campus Remoto). Tódalas actividades docentes impartidas por videoconferencia (Campus Remoto) serán gravadas, quedando a disposición do alumnado mediante os enlaces subidos na plataforma MooVi no prazo máximo de 3 días lectivos contados desde o día seguinte ao que se produciu a gravación. Para poder recibir a docencia de maneira efectiva, recoméndase, previamente ao comezo da materia, consultar o manual de acceso á plataforma e seguir as especificacións técnicas para poder asistir ás sesións remotas. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da mesma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000