Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Protección Xurídica do Patrimonio Cultural
   Recomendacións


 
Outros comentarios
A docencia da materia desenvolverase sempre de maneira telemática presencial, ben sexa síncrona ou asíncrona, utilizando a plataforma docente Moodle (MooVi) e participando nas actividades docentes a través de multivideoconferencia (e-meeting, Campus Remoto). Para poder recibir a docencia de maneira efectiva, recoméndase, previamente ao comezo da materia, consultar o manual de acceso á plataforma e seguir as especificacións técnicas para poder asistir ás sesións remotas. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da mesma. Para a culminación exitosa da materia é recomendable o seguimento do cronograma que estará accesible ao comezo do Máster, o cal facilitará a debida realización das actividades planificadas pola docente. As lecturas obrigatorias da materia están dispoñibles na plataforma MooVi. Non se avaliará ningunha actividade nin traballo presentado fóra de prazo. É recomendable formular calquera dúbida á docente da materia para poder emendala o máis axiña posible. A avaliación da convocatoria ordinaria e a segunda convocatoria realizarase de igual modo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000