Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
A materia de Historia Aniga Universal impártese no 2º curso do grao en Xeografía e Historia e está incluída no bloque de Historia Universal. Neste conxunto, cronoloxicamente, está a continuación da Prehistoria Universal, impartida no 1º curso e antes da Historia Medieval Universal, que se imparte neste mesmo curso.
O seu cometido principal e achegar ao alumnado as principais características de dúas culturas no momento en que se asentaron como Estado: primeiros estados: Exipto e Grecia, así como establecer elementos comparativos entre as
distintas formas nas que se manifestou o poder en relación co territorio, a sociedade e a relixión.