Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Electrotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Valorarase positivamente a realización das prácticas e a resolución dun cuestionario referido á montaxe, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
A realización de cada práctica e presentación do informe de prácticas valorarase entre 0 e 10 puntos.
Para iso é imprescindible asistir á práctica o día e hora fixados ao comezo do curso. Non haberá recuperación de prácticas.
A avaliación do conxunto de prácticas é a media aritmética das puntuacións obtidas, está comprendida entre 0 e 10.
A non asistencia ás prácticas, conlevará a nota de cero puntos na mesma, independentemente que o alumno entregue o correspondente informe.
Unha vez realizada cada práctica fixarase o seu prazo de presentación.
Será imprescindible obter 5 puntos sobre 10 na primeira práctica sobre Normas de Seguridade en Laboratorio, para poder realizar o resto de prácticas en laboratorio.
As prácticas previstas son as seguintes:
Práctica 1: Normas de Seguridade en laboratorio.
Práctica 2: Corrente Continua.
Práctica 3: Corrente Alterna.
Práctica 4: Máquinas Eléctricas.
Resultados de aprendizaxe esperados: RA1-RA2-RA3
20 A3
A4
B1
B2
C17
D2
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dous exames ao longo da avaliación continua, cun peso do 35 % sobre a nota final cada un:
- Primeiro exame: correspondente aos contidos de teoría de circuítos (Parte I).
- Segundo exame: o día do exame final, correspondente aos contidos de máquinas e instalacións eléctricas (Parte II).
Cada parte valorarase de 0 a 10 puntos.
Resultados de aprendizaxe esperados: RA1-RA2-RA3
35 A3
A4
B1
C17
D2
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento 35 A3
A4
B1
C17
D2
D4
D5
Traballo 10 A3
B1
C17
D2
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas de exames son as aprobadas pola Xunta de Facultade (en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro):

  • Fin de Grado: 28 de setembro de 2023 ás 16:00
  • 1ª edición: 5 de abril de 2024 ás 10:00
  • 2ª edición: 12 de xullo de 2024 ás 10:00
A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel/a estudante que desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no examen oficial) debe comunicarllo ao responsable da materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comenzo da docencia da materia.

Avaliación continua:

A nota final da avaliación continua obtense pola media ponderada dos ítem anteriores:

Nota = 0,10 x Resolución problemas de forma autónoma + 0,20 x Prácticas + 0,35 x Exame Parte I + 0,35 x Exame Parte II

De acadarse nalgunha das partes I ou II de Exame unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,5 puntos.

Aqueles/as estudantes que non obtiveran unha calificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no Exame da Parte I, poderán solicitar un exame adicional a continuación do exame final da primeira oportunidade.

No exame de segunda oportunidade, o/a estudante pode optar por:

  • Manter a nota do Traballo e Prácticas, e realizar un Exame da Parte I e/ou II das que non se obtivera unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10, ou en caso de querer subir nota nas mesmas. A puntuación corresponderá coa obtida en segunda oportunidade.
  • Presentarse ao exame global para obter o 100 % da nota.
Avaliación global primeira oportunidade, segunda oportunidade e Fin de Carreira:

Aqueles/as estudantes que soliciten a avaliación global para a primeira e segunda oportunidade, ou se examinen de Fin de Carreira, realizarán un exame dividido en tres partes:

  • Exame Parte I problemas correspondentes a teoría de circuítos, cun peso do 40 %
  • Exame Parte II problemas correspondentes a máquinas e instalacións eléctricas, cun peso do 40 %
  • Exame sobre cuestións teórico-prácticas da materia, cun peso do 20 %.

De acadarse nalgunha das partes do exame global de primeira e segunda oportunidade unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,5 puntos.

Conservarase para a segunda oportunidade, aquela parte ou partes da avaliación global da primeira oportunidade superadas, nas que obtiveron unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10. Por tanto, o/a estudante poderá:

  • Presentarse ao resto de partes do exame. Neste caso conservarase a nota da parte ou partes superadas.
  • Facer o exame completo, de querer subir nota nas partes xa superadas anteriormente. Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha das partes do exame de segunda oportunidade.
Cada nova matrícula na materia supón unha posta a cero de todas as calificaciones obtidas en cursos anteriores. Con todo, aqueles/as estudantes que realizasen todas as prácticas de laboratorio do curso académico inmediatamente anterior, e obtivesen unha nota de 5 puntos sobre 10 de media nas mesmas, poderán solicitar o seu recoñecemento no prazo que se estableza ao comezo da docencia.

Agárdase que os/as estudantes presenten un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non axeitado (copia, plagio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a califcación global en dita edición será de SUSPENSO (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000