Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Hidroloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante probas orales ou escritas. RA1 40 C29
C51
D3
Seminario Calidade das memorias de seminarios.

Resultado de aprendizaxe RA1
20 A3
A4
B1
B2
C29
C51
D2
D3
D4
D5
D8
Prácticas de laboratorio Puntualidade e dedicación ao traballo. Calidade do traballo de laboratorio, calidade das anotacións de resultados experimentais e observacións. Calidade da memoria de prácticas.

Resultado de aprendizaxe RA1
5 A3
A4
B2
C29
C51
D3
D8
Prácticas de campo Puntualidade e dedicación ao traballo. Calidade do traballo de campo, calidade das anotacións de resultados experimentais e observacións de campo. Calidade da memoria de prácticas

Resultado de aprendizaxe RA1
15 A3
A4
B2
C29
C51
D3
D8
Resolución de problemas de forma autónoma Evaluación da exactitude, precisión e calidad de exposición dos resultados dos problemas.

Resultado de aprendizaxe RA1
20 B1
B2
C29
C51
D2
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria (1ª edición)


A nota final será a suma ponderada das
cualificacións obtidas nas distintas probas. En concreto, cada unha das probas
de:



• Lección maxistral mediante una proba escrita.


• Seminario,


• Prácticas de laboratorio e campo,


• Resolución autónoma de problemas


Cada un
destes apartados só poderá contribuír á suma cando a cualificación dos
mesmos alcance polo menos o 30% da súa cualificación
máxima.

Para superar as prácticas é requisito asistir ao 100% das mesmas.

Convocatoria
de xullo (2ª edición)
: a avaliación terá os mesmos criterios que os
considerados na convocatoria ordinaria (1ª edición).


Consistirá nunha proba de avaliación dos
coñecementos adquiridos na lección maxistral que contribuirá cunha ponderación
do 40% da nota final, á  cal se sumarán as cualificacións obtidas nas probas de:


• Seminario,


• Prácticas de laboratorio,


• Prácticas de campo,


• Resolución autónoma de problemas


Cada unha destas catro probas só pode contribuír á
suma cando a cualificación alcance polo menos o 30% da súa cualificación
máxima.


O alumno poderá engadir as probas do traballo de
seminario e as prácticas que non superasen o 30% da nota na primeira
convocatoria.

Convocatoria
de fin de grao:
só consistirá nun exame no que se avaliará a adquisición
das competencias en todas as probas e contribuirá co 100% da cualificación.

AVALIACIÓN CONTINUA:
A
modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. A
avaliación continua baséase na avaliación ponderada, según se indica, de
todas as actividades propostas ao longo da materia.

AVALIACIÓN GLOBAL:
Aquel
alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame
oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia, por email ou a
través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o
comezo da docencia da materia. Neste caso o exame terá unha maior
duración que o exame correspondente á avaliación continua, e incluirá
preguntas sobre tódalas probas de avaliación da materia.
 


Código ético e de conduta


O alumno debe estar suxeito un
comportamento responsable e honesto. Considerarase inadmisible calquera forma
de fraude (é dicir, copia e / ou plaxio) dirixida a falsificar o nivel de
coñecemento ou destreza acadado polos estudantes en calquera tipo de proba,
informe, ou traballo deseñado para este propósito. Esta conduta fraudulenta será
sancionada coa firmeza e o rigor establecidos pola normativa vixente.



No caso de detectar indicacións de conduta académica por parte do
alumno, a validación das cualificacións obtidas nos apartados anteriores
poderá solicitarse mediante entrevistas orais. Se durante a entrevista o
estudante non pode apoiar os resultados obtidos nas probas de
avaliación, considerarase como unha proba de conduta fraudulenta nas
probas.

Os estudantes con obrigacións laborais,
coincidindo co horario presencial e unha vez xustificados, terán que
asistir a
titorías de adaptación do traballo e a temporalización ás devanditas
obrigas. Unha vez acreditada la necesidade de compatibilizar, os
responsables da materia facilitarán un
procedemento de avaliación axeitado ao caso que lle permita obter o 100%
da cualificación.

Exames

- Fin de Grao: 22 de setembro de 2023 ás 16:00
horas.


- 1ª edición: 7  de xuño de 2024 ás 10.00 horas


- 2ª edición: 8  de xullo de 2024 ás 10.00 horas

As datas de exames son as aprobadas pola Xunta de Facultade (en
caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as
aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do
Centro)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000