Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición onde, en primeiro lugar, farase unha introdución do tema que se vai a tratar (aproximadamente dous minutos). Posteriormente, desenvolverase o tema empregando para iso diagramas e imaxes (diapositivas, vídeos) de procesos xeolóxicos (48 min.). No últimos cinco minutos farase un repaso dos aspectos máis importantes e obteranse conclusións.
Seminario Actividade onde se desenvolverán conceptos e técnicas que complementen os das clases teóricas.
Prácticas de laboratorio Actividade na que se explicarán os fundamentos para coñecer os principais minerais e rocas da Terra e recoñecemento de mostras de man por parte dos alumnos.
Traballo tutelado Traballo autónomo de temas plantexados nas sesions maxistraes e/o seminarios
Saídas de estudo Actividade na que se identificarán sobre o terreo os diferentes tipos de rocas, os procesos que as orixinaron, as principais estruturas tectónicas e as características xeomorfológicas da área visitada. Tamén se aprenderá o manexo do compás xeolóxico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000