Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Biodiversidade
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
En tódolos los casos:
Mantense o sistema de avaliación continua

Na docencia semipresencial e non presencial:
As Clases de teoría (lección maxistral) e seminarios, realizaranse a través de plataformas dixitais como é o caso do Campus Remoto.

No caso de docencia semipresencial, segundo sexa posible, as clases prácticas serán presenciais.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Só no caso da docencia non presencial
Clases prácticas. Realizaranse actividades utilizando recursos electrónicos e información dixital para traballar os mesmos contidos e competencias que nas prácticas presenciais.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse tras a solicitude do alumnado a través de plataformas dixitais ou mediante correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se considera necesario incluír bibliografía adicional.

* Outras modificacións
Este guía docente está planificada para permitir que a docencia sexa impartida en calquera das modalidades: presencial, semipresencial e online.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Manteranse as cualificacións de tódalas actividades xa realizadas.

* Probas pendentes que se manteñen
Na docencia semipresencial mantéñense as mesmas probas que na docencia presencial.
Seminarios (Informe de actividades e resolución de exercicios): 15% da cualificación
Avaliación de clases prácticas (estudo de casos e informe de actividades): 15% da cualificación
Exame de preguntas obxectivas: 70%, realizarase de forma presencial salvo que a UVigo decida o contrario.

* Probas que se modifican
Só no caso da docencia non presencial:
Prácticas de laboratorio, substitúense por estudos de casos e prácticas con apoio das TIC. A cualificación será do 15%.

No caso de que non se poidan impartir as clases maxistrais e os seminarios na modalidade presencial, realizaranse cuestionarios de cada un dos bloques temáticos. Estes cuestionarios formarán parte do sistema de avaliación continua. Terán un valor máximo do 30% da cualificación e o exame final un valor máximo do 40%.

* Novas probas
Prácticas con Apoio das TICs. Prácticas de biodiversidade con axuda de TICs.

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000