|
A modalidade de evaluación preferente é a Evaluación Continuada. Aquel alumno que desexe a Evaluación Global (o 100% da calificación no examen oficial) debe comunicarllo ao reponsable da materia, por email ou a través da plataforma MOOVI, nun prozo non superior a un mes dende o comenzo da docencia da materia. É obrigatoria a asistencia as clases maxistrais e especialmente aos seminarios. A materia está dividida en dous bloques nos que é necesario ter un 4.5 como mínimo en cada bloque para superar a materia. Dentro de cada bloque os alumnos deben ter superadas as dúas partes da mesma, tanto as probas de resposta curta como a presentación e realización de traballos e actividades individuais de seminarios cun 5.
Os alumnos que por causa xustificada non poidan asistir as metodoloxias docenntes da asignatura deben xustificalo adecuadamente o comezo do curso. A avaliación realizarase con traballos complementarios que proporá o/a profesor/a segundo o caso.
Exames:
Convocatoria de xullo: o 100% da nota corresponderá a un exame con preguntas sobre o temario.
Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira
será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota).
Calquer uso da IA en traballos académicos debe ser declarado, indicando
a ferramenta utilizada, a función realizada e o alcance da súa intervención,
así como que parte do traballo é de autoría humana. Ante indicios fundados de
uso indebido da IA, o profesorado pode inadmitir traballos, solicitar probas
adicionais ou remitir o caso ao procedemento administrativo disciplinario
correspondente |