Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Introdución á enxeñaría química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización dun exame de toda a materia, con cuestións sobre os conceptos teóricos

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
15 A2
B1
B3
C1
C5
C6
D5
Seminario Realización dun exame de toda a materia, incluíndo varios exercicios.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
40 A2
B1
B3
C1
C5
C6
D5
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación da resolución dos exercicios propostos realizadas polos alumnos e entregadas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
25 A2
B1
B3
C1
C5
C6
D5
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia, actitude e aptitude no laboratorio, así como a memoria de prácticas.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
20 A2
B1
B3
C1
C5
C6
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Sistema de avaliación: a modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo ó responsable da materia, por email (a gil@uvigo.gal)ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia..

2) Avaliación final do bimestre (1ª edición da acta):

2.1) Exames (55% da nota global): é necesario obter un
mínimo (4.5 sobre 10) nos exames oficiais para poder aprobar a materia. Nos
exames poderase indicar requisitos adicionais para superar a materia (como
obter un mínimo de puntuación en algunha parte do exame ou que haxa preguntas
eliminatorias).

2.2) Prácticas de laboratorio (20% da nota global): a
asistencia ás prácticas de laboratorio (como mínimo ao 70% das sesións) e a
entrega da memoria é obrigatoria para poder aprobar a materia na modalidade
presencial. 

2.3) Resolución de problemas de forma autónoma (25% da
nota global): a cualificación neste apartado será a suma das obtidas en cada
unha das entregas de exercicios que realice o alumno.

2.4) Cualificación da materia:


  • Para o alumno que supere os
    exames
     (cun
    mínimo de 4.5 sobre 10), a cualificación será a suma da dos exames máis as
    das prácticas de laboratorio e da resolución de problemas de forma
    autónoma (aplicando as correspondentes porcentaxes sobre a nota global):

NOTA = 0.55*(NOTA EXAMES) + 0.25*(NOTA RESOLUCIÓN
PROBLEMAS) + 0.20*(NOTA PRÁCTICAS)

  • Para o alumno que non supere os
    exames
    , a
    cualificación da materia será a dos exames (en base 10):

NOTA = (NOTA EXAMES)


  • "Non presentado": só aplicarase ao alumno que
    non teña ningunha cualificación en ningunha das metodoloxías.

3) Convocatoria de fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de
carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso
de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do
mesmo xeito que o resto de alumnos nas outras oportunidades existentes ao longo
do curso.

4) Avaliación final (2ª edición da acta): na segunda edición, o
alumno poderá elixir entre que se lle manteña a nota das metodoloxías de
"Resolución de Problemas de Forma autónoma" e "Prácticas de
Laboratorio" (valoradas respectivamente co 25% e 20% da nota total) e que
o exame represente un 55% da nota global, ou que non se lle manteña algunha
delas (sumándoselle a porcentaxe desta metodoloxía ao do exame).

A opción por defecto será manter as notas obtidas na primeira edición da
acta.

5) Comunicación cos alumnos: a comunicación cos alumnos
(cualificacións, convocatorias, etc) realizarase a través da plataforma Moovi.

6) Exames: as datas oficiais para a realización dos exames son:


  • Fin de carreira: 27 de setembro
    de 2023 ás 16:00.

  • 1ª edición: 3 de xuño de 2024
    ás 16:00.

  • 2ª edición: 11 de xullo de 2024
    ás 16:00.

As datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias. En caso de
erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

7) Compromiso ético: espérase que os estudantes presentes
un comportamento ético adecuado. En caso de detectar malas prácticas como
copia, plaxio, utilización de calquera aparello electrónico non autorizado
expresamente (normalmente só permitirase o uso de calculadora) considerarase
que o alumno non reúne os requisitos adecuados para superar a materia e a súa
cualificación global será de 0.0, en cumprimento do Real Decreto 1791/2010, do
30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario,
artigo 13.2.d, relativo aos deberes dos estudantes universitarios:
"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos
nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos
oficiais da universidade
".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000