Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Introdución á enxeñaría química
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición en aula dos fundamentos básicos da materia.
Como apoio empregarase material audiovisual, que se facilitará previamente ao alumnado a través da plataforma de teledocencia Moovi.
Seminario Nos seminarios exporanse e resolverán exercicios relacionados coa materia, de forma paralela ás sesións maxistrais. A maior parte dos exercicios serán resoltos polo profesor, mentres que o resto poderán resolvelo os alumnos, na aula ou de modo autónomo.
Ao comezo da materia, facilitarase aos alumnos os boletíns de exercicios (incluíndo os enunciados e o resultado) a través da plataforma de teledocencia Moovi.
Resolución de problemas de forma autónoma Entregaranse periodicamente boletíns de exercicios a través de Moovi para a súa resolución por parte dos alumnos, ben en clase ou ben de forma autónoma fose da aula.
Os exercicios resoltos poderán entregarse a través de Moovi. Serán corrixidos e avaliados, e considerados na cualificación final.
Prácticas de laboratorio Realización no laboratorio de prácticas relacionadas cos contidos da materia, en grupos reducidos de 2-3 alumnos. Tamén se prevé a posibilidade de que algunha sesión de prácticas estea dedicada á explicación dos cálculos a realizar.
Os guións das prácticas estarán dispoñibles no laboratorio e en Moovi.
A asistencia será obrigatoria (tendo que asistir a un mínimo do 70% das sesións).
Os alumnos deberán elaborar e entregar unha memoria de prácticas, incluíndo unha folla de cálculo cos resultados de cada práctica.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal