Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Fisioloxía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Na modalidade de docencia on-line ou virtual, manteranse todas as metodoloxías docentes, agás a asistencia a catas de alimentos, como tarefa para elaborar un resumo de esta actividade, que só se mantén na docencia presencial ou semipresencial. As clases teóricas e os seminarios impartiranse a través do despacho virtual (campus remoto da UVigo).
Na modalidade de docencia semipresencial, utilizaranse todas as metodoloxías docentes. As titorías faranse mediante o despacho virtual, previa cita solicitada por o estudiante.

Na modalidade de docencia on-line ou virtual, as titorías planificaranse a través de citas previas e mediante o uso de foros en FAITIC e do despacho virtual.

* Probas xa realizadas
Exame: [Peso anterior 65%] [Peso Proposto 30%]

* Probas pendentes que se manteñen
Conferencias/visitas/catas: [Peso anterior 5%] [Peso Proposto 5%]

* Probas que se modifican
Boletíns de problemas: [Peso anterior 35-40%] [Peso Proposto 60%]

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000