Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Sensores e adquisición de sinais biomédicas
   Contidos
Tema Subtema
Parte 1. Introdución aos sistemas electrónicos de instrumentación médica. Estrutura dos sistemas de medida e adquisición de sinais biomédicos. Características xerais dos sistemas e sensores utilizados. Clasificación dos sensores. Consideracións de seguridade eléctrica e normativa.
Parte 2. Sensores e principios básicos. Medidas de desprazamento: sensores resistivos, sensores inductivos, sensores capacitivos, sensores piezoeléctricos. Medidas de temperatura. Medidas ópticas.
Parte 3. Acondicionadores de sinal. Circuítos de auxiliares. Amplificadores para o acondicionamento de sinais. Circuítos adaptadores. Filtrado.
Parte 4. Sistemas electrónicos de medida de sinais biomédicos. Medida de biopotenciais. Medidas no sistema cardiovascular. Medidas no sistema respiratorio. Medidas no sistema nervioso e muscular.
Parte 5. Conversión analóxica/dixital e adquisición de datos. Circuítos de conversión A/D e D/A: tipos de convertedores es A/D e D/A, especificacións e características diferenciais. Sistemas de mostraxe e retención. Multiplexado de sinais. Arquitectura dos sistemas de adquisición integrados.
Laboratorio Contidos prácticos e proxecto.
Bloque 0. Introdución á programación de sistemas de instrumentación electrónica. Introdución de conceptos e ferramentas de laboratorio.
Bloque 1. Sensores básicos de sinais biomédicos. Sensores de temperatura. Sensores de presión. Sensores piezoeléctricos.
Bloque 2. Acondicionadores de sinal. Amplificación. Illamento. Filtrado. Amplificador de transimpedancia.
Bloque 3. Sistemas de medida de sinais biomédicos. Proxecto de deseño dun sistema de medida de sinais biomédicos baseado no uso de sensores, circuítos de acondicionamento e sistema de adquisición, integrando os circuítos das prácticas anteriores e complementándoo co procesado necesario para a presentación de resultados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000