Educational guide 2025_26
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Redes sen Fíos e Computación Ubicua
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase un exame para avaliar comprensión dos contidos presentados nas sesións maxistrais. 40
Prácticas de laboratorio O alumnado completará de forma individual cuestionarios e/ou informes de prácticas onde se mostrará a correcta realización e comprensión das prácticas.

Os conceptos estudados nestas clases prácticas poderá ser tamén requirido nos exames da materia.
20
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado realizará o deseño, implementación e proba dun protocolo, sistema, aplicación ou servizo. O resultado será avaliado despois da súa entrega valorando aspectos como a corrección, a calidade, as prestacións e as funcionalidades. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar o curso é preciso completar as distintas partes nas que
se divide a materia (sesión maxistral, prácticas de laboratorio e
proxectos). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes.
Sendo "x" a nota das sesións maxistrais, "y" a das prácticas de laboratorio" e "z" a dos proxectos, a nota final será:

nota = x^0.4 ✕ y^0.2 ✕ z^0.4

O alumnado deberá superar as probas escritas (40%), presentar un proxecto (40%) e
presentar as prácticas de laboratorio (20%). Estas partes serán
avaliadas tal e como se indica no apartado de descrición das distintas
probas. A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes. Ademais, deberá presentar adicionalmente un dossier, que
deberá defender ante os profesores ,onde se inclúan tódolos detalles
sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o traballo
tutelado. 

Oportunidade extraordinaria e de fin de carreira para aprobar o curso

Só poderá optar á oportunidade extraordinaria e á de
fin de carreira quen non superase a oportunidade ordinaria (ao finalizar
o cuadrimestre).

Para superar o curso será necesario
completar as distintas partes nas que se divide a materia: as probas de
resposta curta (40%), presentar un proxecto (40%) e presentar as
prácticas de laboratorio (20%). Estas partes serán avaliadas tal e como
se indica no apartado de descrición das distintas probas. A nota final
será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes. Será necesario, ademais, presentar un dossier, que deberá defender ante os profesoresonde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o traballo tutelado. 

Outros comentarios

As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.

O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.

En
caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún dos
traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de
"suspenso (0)" e o profesorado comunicará o asunto ás autoridades
académicas para que tome as medidas oportunas.

Na realización das
actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia
artificial xerativa (IAX). O seu uso debe ser ético, crítico e
responsable. No caso de empregar IAX, é fundamental avaliar de xeito
crítico calquera resultado proporcionado e verificar con coidado
calquera cita ou referencia xerada. Ademais, recoméndase declarar o uso
das ferramentas empregadas

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000