Moovi é a plataforma utilizada de forma habitual nesta materia. Xa que logo, impartirase a docencia de forma telemática, mantendo a metodoloxía, avaliación e titoría e utilizando ferramentas telemáticas proporcionadas pola Universidade de Vigo no referente a despachos e aulas virtuais.
Na modalidade mixta, unha parte do estudantado permanecerá na aula ao tempo que a outra parte seguirá a clase dun modo preferentemente síncrono, ou dun modo asíncrono se a ferramenta utilizada así o aconsella. As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade mixta como presencial, mentres que os grupos e as quendas se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria.
|