Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do curso e da guía docente
Explicación de actividades e creación de grupos de traballo
Tarefas de xestión e administración da conta do alumnado en Moovi e noutras aplicacións que se poidan empregar ao longo do curso
Estudo de casos Preséntaselle ao alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que esta presenta
Prácticas con apoio das TIC A través da plataforma Moovi e doutras TIC o alumnado deberá desenvolver e entregar traballos, responder a encargas, participar en debates, realizar cuestionarios de autoavaliación, participar no traballo en grupos, etc.
Lección maxistral Nestas sesións o docente presentará:
a) os temas introdutorios que servirán de marco de traballo para o resto do cuadrimestre
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada encarga de tradución
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000