Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Novos Modos de Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática Control e seguimento continuo do progreso do alumnado na materia, baseados en criterios de uso eficiente dos Tics e de intervención na contorna virtual. Comunicación e participación activa nas actividades da materia a través de medios telemáticos.
Resultado de aprendizaxe avaliada: coñecer os diversos modelos de xestión patrimonial
30 A1
B1
C8
D3
D7
Debate Comunicación e participación activa no foro de debate entre o grupo de estudantes, centrada nos contidos da materia.
Resultado de aprendizaxe avaliada: coñecer os diversos modelos de xestión patrimonial
30 A1
B1
C8
D3
D7
Traballo O alumnado realiza e presenta un proxecto de interpretación do patrimonio cultural no contexto da sua xestión (análise e comentario, individual e colaborativo) utilizando ferramentas de entrega remota na data indicada.
Avaliación do resultado de aprendizaxe: Aplicación do coñecemento dos diversos modelos de xestión patrimonial no deseño de esquemas semellantes na intervención sobre conxuntos patrimoniais novos
40 A1
B1
C8
D3
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo
”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua
” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre.

As
probas de “avaliación global” desta materia consistirán no seguinte: Traballo (40%) + entrega de exercicios (foro específico, comentario de sesions virtuais) (60%)

O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente.

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes e as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000