Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  A2 Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo
  A3 Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos
  A4 Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
  A5 Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Expresarse correctamente, tanto de xeito oral como escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
  B2 Dominar a expresión e a comprensión de xeito oral e escrito dun idioma estranxeiro
  B3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o exercio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
  B4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemetno e orientadas ao ben común
  B5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
  B6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
  B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
  B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómica e cultural da sociedade
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinario e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares
  C2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinarias no ámbito educativo
  C3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de xeito sistemático propostas interdisciplinarias en distintos contextos educativos
  C4 Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara á docencia nas áreas específicas
  C5 Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas
  C6 Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación
  C7 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación
  C8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio
  C9 Ensaiar e avaliar planteamentos de ensino disciplinarios ou interdisciplinarios en contextos educativos reais, e promover achegas de mellora en relación cos resultados obtidos
  C10 Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas
  C11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación
  C12 Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas
  C13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinarios específicos
  C14 Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos
  C15 Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, formentando o espíritu crítico, reflexivo e innovador
  C16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar achegas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Especificas
  C17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinarios
  C18 Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de análise e síntese
  D2 Capacidade de adaptación a situacións novas
  D3 Traballar de xeito autónomo e con iniciativa
  D4 Traballar de xeito colaborativo
  D5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinarios e interdisciplinarios
  D6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares
  D7 Comportarse con ética e responsabilidade social e medioambiental como docente e/ou investigador/a
  D8 Ser capaz de comunicarse cos seu compañeiros/as, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento
  D9 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
  D10 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente
  D11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria
  D12 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
  D13 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000