Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Conceptualización e identificación do obxecto de estudo das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
  B2 Coñecemento e comprensión da literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte.
  B3 Coñecemento e compresión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte.
  B4 Coñecemento e comprensión dos factores comportamentales e sociais que condicionan a práctica da actividade física e o deporte.
  B5 Coñecemento e comprensión dos efectos da práctica do exercicio físico sobre a estrutura e función do corpo humano.
  B6 Coñecemento e compresión dos efectos da práctica do exercicio físico sobre os aspectos psicolóxicos e sociais do ser humano.
  B7 Coñecemento e comprensión dos fundamentos, estruturas e funcións das habilidades e patróns da motricidade humana.
  B8 Coñecemento e comprensión da estrutura, función e desenvolvemento das diferentes manifestacións da motricidade humana.
  B9 Coñecemento e comprensión dos fundamentos do exercicio físico, xogo motor, danza, expresión corporal e actividades na natureza.
  B10 Coñecemento e comprensión dos fundamentos do deporte.
  B11 Coñecemento e comprensión dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.
  B12 Aplicación das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
  B13 Hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional.
  B14 Manexo da información científica básica aplicada á actividade física e ao deporte nas súas diferentes manifestacións.
  B15 Capacidade para deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino- aprendizaxe relativos á actividade física e do deporte, con atención ás características individuais e contextuais das persoas.
  B16 Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte.
  B17 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis.
  B18 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentales e sociais, aos diferentes campos da actividade física e o deporte.
  B19 Capacidade para avaliar a condición física e prescribir exercicio físico orientado cara á saúde.
  B20 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde da práctica de actividades físicas inadecuadas.
  B21 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de actividades físicodeportivas.
  B22 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar programas para a dirección de organizacións, entidades e instalacións deportivas.
  B23 Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo axeitado para cada tipo de actividade.
  B24 Actuación dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.
  B25 Habilidade de liderado, capacidade de relación interpersoal e traballo en equipo.
  B26 Adaptación a novas situacións, a resolución de problemas e a aprendizaxe autónoma.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Capacidade para deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino-aprendizaxe relativos á actividade física e ao deporte con atención ás características individuais e contextuais das persoas
  C2 Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica de actividade física e deporte entre a poboación escolar
  C3 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, na proposta de tarefas nos procesos de ensino-aprendizaxe a través da actividade física e o deporte
  C4 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde dos escolares debido á práctica de actividades físicas inadecuadas
  C5 Capacidade para planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte e actividade física escolar
  C6 Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade nos procesos de ensino-aprendizaxe a través da actividade física e do deporte
  C7 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis
  C8 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, durante o proceso do adestramento deportivo
  C9 Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica actividade físico-deportiva na poboación que realiza adestramento deportivo
  C10 Capacidade para identificar os riscos, que se derivan para a saúde dos deportistas, da práctica de actividades físicas inadecuadas no contexto do adestramento deportivo
  C11 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de adestramento deportivo
  C12 Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade de adestramento deportivo
  C13 Capacidade para avaliar a condición física e prescribir exercicio físico orientado cara á saúde
  C14 Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica de actividade física e deporte entre a poboación adulta, maiores e discapacitados
  C15 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde do desenvolvemento das actividades físicas inadecuadas entre a poboación que realiza práctica física orientada á saúde
  C16 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais ao campo da actividade física e a saúde
  C17 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de programas de actividades físico-deportivas orientada á saúde
  C18 Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado, para cada tipo de actividade que practique a poboación de adultos, maiores e discapacitados
  C19 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar programas para a dirección de organizacións, entidades e instalacións deportivas
  C20 Capacidade para administrar os servizos deportivos públicos e privados
  C21 Capacidade para deseñar o programa de funcionamento das instalacións deportivas e seleccionar o material e equipamento deportivo adecuado
  C22 Capacidade para coñecer e aplicar o marco xurídico do ámbito profesional
  C23 Capacidade para identificar e valorar os riscos que poidan derivarse do uso dos equipamentos e instalacións deportivas
  C24 Capacidade para deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino-aprendizaxe relativos á actividade físico-deportiva recreativa, con atención ás características individuais e contextuais das persoas
  C25 Capacidade para planificar, desenvolver e controlar a realización de actividades físico-deportivas recreativas
  C26 Capacidade para seleccionar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva recreativa
  C27 Capacidade para promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica das actividades físico-deportivas recreativas para toda a poboación
  C28 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, nas actividades físico-deportivas recreativas
  C29 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas nos practicantes de actividade físico-deportiva recreativa
Sinale D Código Competencias
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000