Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Vigo - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Bioloxía humana e saúde
   Contidos
Tema Subtema
A CÉLULA. Como está formada e como funciona unha célula. O ADN como molde para a síntese de proteínas. Ciclo celular e procesos de división celular: mitose e meiose. Envellecemento celular.
ORGANIZACIÓN CELULAR DO CORPO HUMANO. Principais tipos de tecidos: como funcionan e como se relacionan para dar lugar a estruturas máis complexas.
APARATO LOCOMOTOR. Estrutura do aparato locomotor e funcións dos osos, músculos e articulacións. Enfermidades asociadas: Artrite, osteoporoses, esguince de nocello, fracturas e outras patoloxías.
A PEL. Como está formada e que funcións cumpre. Enfermidades asociadas.
APARATO RESPIRATORIO. Anatomía do aparato respiratorio. Función pulmonar. Intercambio gasoso e respiración celular. Patoloxías asociadas.
SISTEMA CARDIOVASCULAR. Esquema xeral do sistema cardiovascular. Como funciona o corazón. O sangue: compoñentes e funcións. Tipos de vasos. Patoloxías asociadas.
SISTEMA LINFÁTICO. Esquema xeral e funcións do sistema linfático.
APARATO DIXESTIVO. Como está composto e as funcións que realiza. Patoloxías asociadas ó aparato dixestivo.
APARATO EXCRETOR. Anatomía do aparato excretor, composición e función dos riles. Enfermidades asociadas ó aparato excretor.
SISTEMA ENDOCRINO. Estrutura xeral, funcións que desempeña na regulación e control do organismo. Fallos do sistema e enfermidades que provoca.
SISTEMA NERVIOSO. Organización e compoñentes, función e aspecto básico do seu funcionamento. Patoloxías asociadas.
SISTEMA INMUNITARIO. Descrición. Compoñentes. Mecanismos de defensa. Patoloxías.
APARATO REPRODUTOR. O aparato reprodutor masculino e feminino: estrutura e funcións. Patoloxías asociadas.
CÁNCER E INMUNOTERAPIA
HÁBITOS DE VIDA E DIETA ATLÁNTICA
INTOLERANCIAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS
Presentación de traballos por parte do alumnado
Visita ao Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000